Dinastía Saxoa
Aparencia
A dinastía saxoa ou otoniana foi unha familia nobiliaria de Alemaña (Xermania) durante os séculos IX a XI, algúns de cuxos membros foron reis de Alemaña e emperadores do Sacro Imperio.
Son chamados otónidas polos tres emperadores chamados Otón, e "dinastía saxoa" porque os seus inicios empezan nas terras de Saxonia.
Tamén se denominan Liudolfinger, pola súa orixe familiar, ao seren descendentes do caudillo saxón Liudolfo.
Os gobernantes otonianos foron os sucesores do rei xermánico Conrado I, que foi o único rei xermánico que gobernou na Francia Oriental despois da dinastía Carolinxia e antes desta dinastía.[1]
Duques de Alemaña
[editar | editar a fonte]- Liudolfo, 843-866? duque dos saxóns orientais.
- Bruno, 866?-880, duque dos saxóns orientais; é posíbel que fora tamén duque de todo o ducado de Saxonia.
- Otón I o Ilustre, 880-912.
- Henrique I o Paxareiro, 912-936, rei de Alemaña (rei dos francos orientais), 919-936.
- Otón I, 936-961, rei de Alemaña, 936-973, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 962-973.
Reis e emperadores de Alemaña
[editar | editar a fonte]- Henrique I o Paxareiro, rei de Alemaña (rei dos francos orientais, non coroado emperador), 919-936.
- Otón I o Grande, rei de Alemaña, 936-973, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 962-973.
- Otón II, rei de Alemaña, 961-983, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 967-983.
- Otón III, rei de Alemaña, 983-1002, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 996-1002.
- Henrique II, rei de Alemaña, 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 1014-1024.
Duques de Baviera
[editar | editar a fonte]- Henrique I, 947-955, irmán do emperador Otón I.
- Henrique II, 955-976, 985-995.
- Otón I, sobriño do emperador Otón II, duque de Baviera 976-982, e duque de Suabia, 973-982.
- Henrique IV, fillo de Henrique II de Baviera, duque de Baviera, 995-1004 e 1009-101, rei de Alemaña, 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 1014-1024.
Duques de Suabia
[editar | editar a fonte]- Liudolfo de Suabia, 950-954, fillo do emperador Otón I e da súa primeira esposa Edith de Wessex.
- Otón I sobriño do emperador Otón II e fillo do precedente, duque de Suabia, 973-982, e duque de Baviera, 976-982.
Outros personaxes
[editar | editar a fonte]- Hedwige de Saxonia, ca. 910-965, irmá do emperador Otón I, esposa de Hugo o Grande e nai do rei de Francia Hugo Capeto.
- Bruno de Colonia, 925-965, irmán do emperador Otón I, duque de Lotarinxia, 944-953, e arcebispo de Colonia, 953-965.
- Beata Xisela de Baviera, 984-1059, filla do duque Henrique II de Baviera, irmá do emperador San Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, esposa do rei San Estevo I de Hungría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Middleton, John (2005). World monarchies and dynasties. Londres: Routledge. ISBN 978-0-7656-8050-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Saxoa |